Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de nave almacén de maquinaria agrícola e vestiarios en parcela para prácticas agroforestais no sector sur K, quinteiro E, parcela 10-D.

A Universidade de Santiago de Compostela solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de nave almacén de maquinaria agrícola e vestiarios en parcela para prácticas agroforestais no sector sur K, quinteiro E, parcela 10-D.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Lugo, 11 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo