Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38501

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO sobre modificación da licenza de café bar para restaurante e café-concerto do local denominado O Gaiteiro.

Liz Lorena López Galeano solicitou neste concello a modificación da licenza de café-bar para restaurante e café-concerto do local denominado O Gaiteiro, na rúa Rosalía de Castro, número 44, baixo, Laxe.

Consonte o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles, para que durante o dito prazo, que comenzará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideran afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Laxe, 9 de xullo de 2012

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde