Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha ponte de lavado, boxes de lavado e aspirado en estación de servizo na Veiga (Pradeda).

Francisco Rodríguez Aldariz, en representación de estación de servizo Cruz da Veiga, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación dunha ponte de lavado, boxes de lavado e aspirado en estación de servizo Cruz da Veiga, que se situará na Veiga-Pradeda, cruzamento Lousada-Friol. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Guntín, 28 de setembro de 2012

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde