Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle para a consolidación de aliñacións en Ducio, parroquia de Arcos.

A Xunta de Goberno local, na súa sesión ordinaria do 31 de agosto de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a consolidación de aliñacións, no lugar de Ducío núm. 24, parroquia de Arcos, incoado por instancia de José Joaquín Torres Castro.

De conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público durante o prazo de 20 días, contados desde a derradeira publicación deste anuncio no DOG e no xornal Faro de Vigo.

Cuntis, 11 de setembro de 2012

Antonio Pena Abal
Alcalde