Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para a instalación e apertura dunha industria de fabricación de rótulos e imaxes corporativas.

Proyectos Imcor 2012, S.L.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dunha industria de fabricación de rótulos e imaxes corporativas no parque empresarial de Alvedro, rúa I, nave 22, da parroquia de Almeiras. O expediente sométese á información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 30 de agosto de 2012

P.D. (Resolución do 22.6.2011, BOP número 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo