Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a construción dunha nave destinada a gando ovino e almacenamento de maquinaria agrícola en Carzoá.

María Ángeles Fidalgo Sanmamed solicitou neste concello a licenza municipal para a construción dunha nave destinada a gando ovino e almacenamento de maquinaria agrícola, na parcela 865, do polígono 503, no lugar coñecido como Tras da Cidá en Carzoá (Cualedro).

Para cumprir co que dispón o artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública, polo prazo de vinte días hábiles. Durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poden examinar o expediente na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Cualedro, 14 de setembro de 2012

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde