Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para a apertura de fosa de xurro en Vila.

Casa Quintillán, S.C. solicita nesta Alcaldía licenza municipal para a apertura de fosa de xurro que se situará en Vila, Santa María de Carballedo.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Carballedo, 12 de setembro de 2012

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde