Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO polo que se somete a información pública o acordo de nomeamento de funcionario do concello.

Rematado o proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de funcionario da escala de administración especial, subescala técnica, denominada traballador/a social, e de acordo coa proposta realizada polo tribunal cualificador, de conformidade co disposto no artigo 62.1.b) da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, faise público que pola Resolución desta Alcaldía do 26 de xullo de 2012, se acordou o nomeamento para a devandita praza de Natalia Puente Piñeiro, con DNI 33347814-E.

Begonte, 2 de agosto de 2012

Alcalde presidente