Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toques

ANUNCIO sobre aprobación do convenio para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Toques.

Con data do 13 de setembro de 2012, o Pleno Municipal do Concello de Toques aprobou un convenio urbanístico para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, do núcleo do Vilariño, na parroquia de San Martiño de Oleiros.

Conforme o disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais do Concello de Toques, para que formulen as alegacións que coiden pertinentes.

Toques, 14 de setembro de 2012

Jorge Francisco Calvo Pestonit
Alcalde