Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38505

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato (expediente CGSIB/001/12/SE).

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/001/12/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: servizo de cátering nos centros de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (lotes 1, 2, 3 e 4).

Lote 1:

Importe de adxudicación: 1.515.529,89 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.

Data de formalización do contrato: 7.9.2012.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: presentación dun proxecto moi concreto e adaptado ao requirido na licitación.

Lote 2:

Importe de adxudicación: 1.229.492,16 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Freire Chico, S.L.

Data de formalización do contrato: 7.9.2012.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: presentación dun bo proxecto técnico e nutricional adaptado ao requirido na licitación.

Lote 3:

Importe de adxudicación: 1.692.720,85 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Freire Chico, S.L.

Data de formalización do contrato: 7.9.2012.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: presentación dun bo proxecto técnico e nutricional adaptado ao requirido na licitación.

Lote 4:

Importe de adxudicación: 1.765.963,51 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.

Data de formalización do contrato: 7.9.2012.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: presentación dun proxecto moi concreto e adaptado ao requirido na licitación.

Para máis información consúltese a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar