Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4255/2012, interposto contra a aprobación definitiva de forma parcial da normativa e ordenanzas do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lugo.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo núm. P.O. 4255/2012, interposto pola Promotora Educativa Lucense, S.L. contra a aprobación definitiva de forma parcial da normativa e ordenanzas do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Lugo; esta Secretaría Xeral Técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas