Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado 1, concello de Vilarmaior.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, en que se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 11 de setembro de 2012, do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado 1, concello de Vilarmaior (A Coruña). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental