Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos administrativos (expediente RR/AG/2012/00011 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles aos interesados que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos administrativos devoltas polo servizo de Correos, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. recurso

Núm. expediente

Recorrente/Interesado

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RR/AG/2012/00011

-

Hidroeléctrica de la Onza, S.L.

Desestimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

RR/AG/2012/00011

-

Fomensa Hispania, S.L.

Desestimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

RR/AG/2012/00011

-

Herdeiros de Manuel Taboada Fernández

Desestimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

RA/CAL/2011/00051

PO-RES-2010/072

Piscifactoría Soutorredondo, S.L.

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da súa circunscrición ou o de Santiago de Compostela

RA/VI/2011/00316

Credencial 51586

Antonia Pereira Barros

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo da Coruña