A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 268/2012, interposto por David García López, Amelia Taboada Rodríguez e Miguel Ángel Viso Diéguez, contra a Resolución do 21 de maio de 2012, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de maio, polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG nº 99, do 25 maio).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública