Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38178

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 812/2011, interposto por Ricardo Aurelio Boquete Antelo e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 812/2011, interposto por Ricardo Aurelio Boquete Antelo, María Isabel López Álvarez, Purificación Lloret Ares, Sergio Vázquez Salvadores, Mónica Velo Cid, Francisco José Fumega Varela, Belén García Rodríguez, Juan Manuel García Sexto, José Manuel Arias Fernández e Mónica María Sánchez Pardiño, contra a Resolución do 22 de xullo de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2011, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG nº 152, do 9 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública