Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38067

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fan públicos a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente.

O artigo 320 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, establece que lle corresponde ao órgano de contratación nomear os membros da mesa de contratación.

O artigo 21.4 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público, establece que a designación dos membros da mesa de contratación poderá facerse con carácter permanente ou de maneira específica para a adxudicación de cada contrato. Se é permanente, a súa composición deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Polo anteriormente exposto, e en virtude das competencias delegadas no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo),

ACORDO:

A constitución con carácter permanente da mesa de contratación de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, coas funcións que lle asignan o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, así coma o artigo 22 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, de desenvolvemento parcial da dita lei.

Primeiro. Composición da mesa de contratación

A mesa de contratación terá a seguinte composición:

Presidencia: será exercida pola persoa titular da Dirección de Recursos Económicos de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, e poderá ser substituída nos casos de vacante, ausencia o enfermidade polo titular da Subdirección de Recursos Económicos ou da Subdirección de Xestión do Salnés.

Vogais:

1. Un representante da Intervención Territorial da Consellería de Facenda.

2. Un representante da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.

3. O titular da Subdirección de Recursos Económicos ou da Subdirección de Xestión do Salnés, que se intersubstituirán no caso de vacante, ausencia, enfermidade ou por exercer a presidencia no caso de substitución do titular da Dirección de Recursos Económicos.

4. Persoal proposto polo servizo promotor do expediente.

5. Dous representantes do Servizo de Contratación Administrativa.

Secretaría: o xefe do Servizo de Contratación, que actuará con voz pero sen voto. Poderá ser substituído no caso de vacante, ausencia ou enfermidade por outro representante do dito servizo designado por quen exerza a presidencia.

Cando a natureza dos asuntos o requira, a presidencia poderá solicitar a incorporación á mesa de contratación de cantos asesores especializados e o persoal técnico crea convenientes en razón dos seus especiais coñecementos técnicos e poderá tamén solicitar cantos informes considere necesarios. Os asesores e persoal técnico actuarán con voz pero sen voto, sen que teñan a consideración de membros da mesa nin que os seus informes a vinculen.

Segundo. Normas de funcionamento da mesa de contratación

A mesa de contratación reunirase, despois da convocatoria de quen exerza a presidencia, coa periodicidade que requiran os diferentes expedientes de contratación. Para a validez da súa constitución deberán estar presentes a maioría absoluta dos seus membros, entre os que teñen que estar, necesariamente, a representación da Asesoría Xurídica e o representante da Intervención Territorial Delegada. Os seus acordos adoptaranse por maioría de votos.

Supletoriamente o seu funcionamento rexerase polo establecido para os órganos colexiados no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. Publicación e data de efectos

A mesa de contratación será competente naqueles expedientes en que a orde de inicio teña lugar na mesma o posterior data á de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 3 de setembro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés