Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37771

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (90/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Belén Rey Baamonde.

En Ribeira o trece de xullo de dous mil doce.

Visto o estado das actuacións e dado que están emprazados todos os codemandados, coa excepción de Concepción Arestín Vidal, José Monteagudo Arestín, Salvador Monteagudo Arestín, Ventura Arestín Trillo, herdeiros descoñecidos e incertos de María Arestín Sampedro e herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Arestín Sampedro, emprázanse por edictos que serán publicados no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que, no prazo de dez días, poidan comparecer neste procedemento por medio de avogados e procurador, para iso expídase o correspondente edicto ao Diario Oficial de Galicia que será entregado á procuradora demandante, para que coide da súa dilixencia e devolución.

Modo de impugnación: recurso de reposición no prazo de cinco días, desde a súa notificación, ante a secretaria que a dita.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Concepción Arestín Vidal, José Monteagudo Arestín, Salvador Monteagudo Arestín, Ventura Arestín Trillo, herdeiros descoñecidos e incertos de María Arestín Sampedro e herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Arestín Sampedro, expídese a presente para que sirva de notificación e emprazamento no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 13 de xullo de 2012

A secretaria xudicial