Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37769

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO casación (206/2012).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social.

Recurso de suplicación 1025/2012.

Materia: despedimento disciplinario.

Recorrente: Pablo Rey Pazos.

Recorrido: Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña, demanda 740/2009.

Casación en unificación de doutrina: 206/2012.

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Socorro Bazarra Varela.

«A Coruña, 11 de setembro de 2012

Únase o anterior escrito, subscrito pola letrada Alejandra Rodríguez Arranz, ao recurso correspondente xunto coas súas copias. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes mediante escrito de letrado, para compareceren ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Considéranse efectuadas as manifestacións dos outrosís.

Solicítese á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña certificación da sentenza 2554/2011, do 8 de abril de 2011 (recurso 214/2011) con expresión da súa firmeza.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».