Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de actividade dun punto limpo.

Solicitada a licenza de instalación da actividade de punto limpo, sometida a avaliación de incidencia ambiental por este Concello, tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG para que aqueles que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar na Secretaría municipal en horario de oficina os días laborables.

A Veiga, 8 de agosto de 2012

Edesio Yáñez Gómez
Alcalde