Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de seguridade e vixilancia preventiva do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (expediente 6130/407).

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, Servizos Centrais. Nº de expediente 6.130/407.

2. Obxecto do contrato: servizo de seguridade e vixilancia preventiva no edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo os días laborais das 9.00 ás 20.00 horas.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 102.382,40 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Fax: 986 22 01 27. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos oito días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (praza do Rei s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 11.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio (a data e a hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 24 de setembro de 2012

(Resolución do 13.7.2011)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia de Urbanismo