Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37732

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de adxudicación de contratos.

O Concello de Vilalba adxudicou mediante resolucións os seguintes contratos:

a) Conservación e restauración do ambiente en vías rurais do concello de Vilalba á empresa Cholo, S.L., o 31.7.2012.

b) Conserxaría e limpeza dos pavillóns Insua Bermúdez, Mato Vizoso e Municipal, en Vilalba, a José Francisco Bermúdez Currás, o 23.7.2012.

c) Conserxaría, limpeza e mantemento básico dos colexios: Monseivane en Moreda (Lanzós); Castelao de Belesar; Insua Bermúdez, Mato Vizoso e Educación Infantil en Vilalba (Lugo) a Ana Mª Galdo Río, o 23.7.2012.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 154.1 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 10 de setembro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde