Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (expediente LAP/7/2010).

Hune Rental, S.L.U., solicitou licenza de apertura de almacén para maquinaria de construción na rúa Eslovaquia (de), 9, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/7/2010 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste Concello.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

P.D. (Xunta de Goberno local do 15.7.2011)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo