Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37727

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública relativo a un local para venda e reparación de vehículos de motor.

Sonia Folla Fernández solicitou licenza municipal para proceder ao acondicionamento de local para venda e reparación de vehículos de motor nun edificio situado na rúa Circunvalación, número 10, baixo. En cumprimento do disposto polo artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Rúa, 6 de setembro de 2012

María Teresa Varela Ancochea
Alcadesa accidental