Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública relativo a instalacións para parques fotovoltaicos.

Juan Ramón Méndez Quiroga, en presentación de Gouzallas Solar, S.L., solicitou a esta alcaldía, licenza municipal para liña M.T.S. e centro de seccionamento para parques fotovoltaicos no lugar de Vilar de Peras, da parroquia de Lamaigrexa. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, a fin de que durante ese prazo, que comenzará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

A Pobra do Brollón, 6 de agosto de 2012

José Luís Maceda Vilariño
Alcalde