Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento do sistema de préstamos de bicicletas.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2200.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense.

c) CPV: 50111000.

d) Medio de publicación del anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 31 de marzo de 2012 e 9 de abril de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 47.413,79 euros. IVE: 8.534,48 euros. Importe total: 55.948,27 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de xullo de 2012.

b) Data de formalización: 22 de agosto de 2012.

c) Contratista: Instituto Tecnológico de Castilla y León.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 47.000,00 euros. IVE (21 %): 9.870,00 euros. Importe total: 56.870,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a que mellor oferta presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación.

Ourense, 29 de agosto de 2012

Isabel Pérez González
Alcaldesa en funcións