Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a formalización do contrato das obras de humanización da rúa Remedios, treito rúa Greco - rúa Castro Canseco.

En cumprimento co disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2177.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de humanización na rúa Remedios. Treito rúa Greco-rúa Castro Canseco.

c) CPV: 45000000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP e DOG do 14 de novembro de 2011.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 461.853,75 €. IVE: 83.133,68 €. Importe total: 544.987,43 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de agosto de 2012.

b) Data de formalización: 28 de agosto de 2012.

c) Contratista: Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.

d) Importe de adxudicación: Importe neto: 357.936,66 €. IVE ao 21%: 75.166,70 €. Importe total: 433.103,36 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a mellor oferta xunto coa presentada pola empresa Construcciones Jesús Martínez Álvarez, S.A., tras a aplicación dos criterios establecidos no prego, de conformidade cos informes emitidos e coas resolucións da mesa de contratación, e tras resultar gañadora do sorteo efectuado para dirimir o empate.

Ourense, 28 de agosto de 2012

Isabel Pérez González
Alcaldesa en funcións