Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave para venda por xunto de produtos orientais.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente nº 2011/367, tramitado por instancia de Phimax Import & Export, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha nave industrial destinada á venda por xunto de produtos orientais, para instalar na avda. de Peinador, 116, na parroquia de Tameiga deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, no seu caso, as alegacións e observacións que teñan por conveniente.

Mos, 27 de agosto de 2012

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo