Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública de dúas naves para cría de visóns.

Logo de solicitar nesta alcaldía Manuel Rodríguez Rodríguez licenza municipal para a construción de dúas naves agrícolas para ampliación explotación de cría de visóns, que se situará na parcela 210, polígono 16, no lugar de Monte Xalo, Santo Estevo de Paleo, Carral, cumprindo o disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días, a fin de que durante o mesmo prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no DOG, poidan as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar examinar o expediente na Secretaría deste concello e realizar por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Carral, 6 de marzo de 2012

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde