Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para almacén e venda de manufacturas industriais.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expedente núm. 2010/047/38, que se tramita por instancia de Josefa Anido Pita, en representación de Comercial Becani, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de instalación de almacén e venda de manufacturas industriais, que se instalará na parcela B-47, módulos 1 e 2, do polígono industrial de Bergondo, deste municipio.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste Concello, co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Bergondo, 11 de maio de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa