Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 177, do 2 de agosto de 2012, publícase integramente a convocatoria e as bases específicas para o acceso a prazas de persoal funcionario do Concello de Becerreá-Lugo para as cales resulta de aplicación a disposición transitoria segunda do Estatuto básico do empregado público (persoal laboral fixo do Concello de Becerreá que desempeña funcións ou postos clasificados como propios de persoal funcionario): praza de auxiliar administrativo do Concello de Becerreá, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 16 de xullo de 2012. A modificación parcial destas bases aprobouse por Resolución da Alcaldía do 31 de agosto de 2012 e publicouse no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 207, do 7 de setembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no taboleiro de anuncios do concello.

Becerreá, 10 de setembro de 2012

Manuel Martínez Núñez
Alcalde