Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (598/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 598/2010 por instancia de Manuel Naya López contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 27 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame en atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Manuel Naya López contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L., e declaro o dereito do demandante a percibir, en concepto de indemnización por despedimento, a cantidade de 3.560,40 euros, condenando á empresa demandada Herederos de Andrés Regueiro, S.L., a estar e pasar por esta declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 6349 90 9999999999.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 0030 6349 90 9999999999.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

O secretario xudicial