Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (600/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 600/10 por instancia de Manuel Mejuto Arias contra a empresa Tecnología de la Construcción, S.A., os administradores concursais Armando Betancor Álamo, Francisco Javier Ramos Torre e Thyssekupp Elevadores, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 27 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame.

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Manuel Mejuto Arias contra a empresa Tecnología de la Construcción, S.A., e os administradores concursais desta e o Fogasa, e declaro o dereito do demandante a percibir, en concepto de indemnización por cesamento, a cantidade de 7.744,87 euros, e condeno a empresa demandada Tecnología de la Construcción, S.A., a estar e pasar por esta declaración, debendo responder das devanditas cantidades Armando Betancor Álamo, Francisco Javier Ramos Torre e Taller de Carpintería de Madera, S.A., na súa soa condición de administradores concursais.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 6349 90 9999999999.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 0030 6349 90 9999999999.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tecnología de la Construción, S.A., os administradores concursais Armando Betancor Álamo e Francisco Javier Ramos Torre, expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

O secretario xudicial