Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente OU-PF-113/2012.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se xunta, a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense situada na avda. da Habana, núm. 79-2º, CP 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 12 de setembro de 2012

Luís Menor Pérez
Xefe territorial de Ourense accidental

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-113/2012.

Interesada: María Cristina Polanco.

Nº pasaporte: VL0075255.

Enderezo: r/ Lepanto, nº 18-1º B, Ourense.