Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, o proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do Parque Eólico Farelo II, situado nos concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra) e promovido por Enerfin Enervento, S.A. (expediente IN661A DXIEM-09/11).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e tendo en conta o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Enerfin Enervento, S.A. para as instalacións que a seguir se describen:

Características xerais do Parque Eólico Farelo II

Peticionaria:

Enerfin Enervento, S.A.

Domicilio social:

Paseo de la Castellana, 141, Edificio Cuzco IV, andar 9º; 28046 Madrid

Situación:

concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra)

Poligonal de delimitación do parque eólico

Posicións dos aeroxeradores

Vértice

UTM X

UTM Y

Aero

UTM X

UTM Y

Concello

1

582.835

4.739.000

1

583.556

4.738.700

Antas de Ulla

2

584.045

4.739.000

3

584.045

4.737.996

4

582.835

4.737.996

Potencia instalada:

800 kW

Produción neta:

2.560 mWh/ano

Horas equivalentes netas:

3.200

Orzamento total:

1.885.531,50 euros

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 1 aeroxerador ENERCON E-48 de 800 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 76 metros e cun diámetro de rotor de 48 metros.

• 1 centro de transformación, instalado no interior da torre do aeroxerador, formado por un transformador de 900 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,4/20 kV, e por unha cela de manobra e protección a 20 kV cos correspondentes equipamentos auxiliares.

• Rede subterránea de media tensión a 20 kV, con condutor en aluminio tipo RHZ1 de illamento 12/20 kV e sección 3×(1×95) mm2, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre o centro de transformación 0,4/20 kV e o centro colector do parque equipado con celas de medida e protección e transformador de servizos auxiliares.

De acordo co disposto polo artigo 37.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

• Proxecto de execución, para os efectos da súa aprobación e autorización administrativa das instalacións descritas.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos da súa aprobación.

• Relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estes documentos permanecerán expostos ao público e poderán examinarse, durante o prazo dun mes contado a partir da última publicación desta resolución ou da súa notificación individual, nesta dirección xeral (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43; 36003 Pontevedra) e de Lugo (rolda da Muralla, 70; 27071 Lugo).

Para idénticos efectos, e durante o mesmo prazo, o proxecto sectorial poderá examinarse nos concellos de Antas de Ulla (praza de España, s/n, 27570 Antas de Ulla) e Agolada (praza do Xeneralísimo, 36520 Agolada).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que, no prazo e ante os órganos sinalados nos dous parágrafos anteriores, poidan presentar as alegacións que coiden oportunas.

Esta publicación efectúase, así mesmo, en cumprimento do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados do Parque Eólico Farelo II

Concello de Agolada

Propietario

Parcela

Afección (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocupación temporal

Pol.

Parc.

Cimentación

Plataforma

Camiño

Gabia

1

Manuel Liñares Guerreiro

Avda. de Sardiñeira, 37, esc. dta. 2º D

15008 A Coruña

502

(Zona 2)

220

Regueiriñas

Piñeiral

314

314

2

Mª Luz Val Areán

Mª Natividad Liñares Val

O Quinteiro, 10, Borraxeiros

36520 Agolada

502

(Zona 2)

255

Pena Porrosa

Piñeiral

83

83

3

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural e do Mar

Servizo de Infraestruturas Agrarias

Avda. Fernández Ladreda, 43

36003 Pontevedra

502

(Zona 2)

254

Pena Porrosa

Matogueira

355

355

Concello de Antas de Ulla

Propietario

Parcela

Afección (m2)

Nome e apelidos

Dirección

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocupación temporal

Pol.

Parc.

Cimentación

Plataforma

Camiño

Gabia

4

CMVMC de Costa da Pena, Xunquedo e Coto de Rigueira

Presidente: Javier Blanco Diéguez

Vilasante, 2

27577 Antas de Ulla

44

225

Costa da Pena, Xunquedo e Rigueira

Piñeiral

191

1.483

4.778

1.648

960

12.490

5

CMVMC de Costa da Pena, Xunquedo e Coto de Rigueira

Presidente: Javier Blanco Diéguez

Vilasante, 2

27577 Antas de Ulla

44

184

Costa da Pena, Xunquedo e Rigueira

Matogueira

1.260

2.495

9

Emilio Amor Amor

Facha, 15

27577 Antas de Ulla

45

383

Leira da Fonte

Labor

132

256

10

Jesús Fariñas Pacín

Facha, 1

27577 Antas de Ulla

45

391

Restra

Prado

351

677

13

José Seijas García

Juan Tomás de Gandarias, 23-2º A

48910 Sestao

45

269

Gonzado de Abaixo

Prado

12

(centro colector)

10

80

Afección a permisos de investigación e concesións mineiras

Área afectada

Titular

(nome e dirección)

Parcela

Afección (m2)

Datos

catastrais

Paraxe

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocupación temporal

Protección eólica

Pol.

Parc.

Cimentación

Plataforma

Camiño

Gabia

1

Permiso de investigación outorgado

Nueva Sierra de Farelo, nº 2671.1

Ingemarga, S.A.

Estr. ao Campamento Militar de Parga, s/n,

27305 Guitiriz

191

1.483

1.763

1.076

960

8.332

28.965

2

Concesión de explotación solicitada

Nueva Sierra de Farelo, nº 2671.2

Ingemarga, S.A.

Estr. ao Campamento Militar de Parga, s/n,

27305 Guitiriz

3.453

3.453

6.505