Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, da obra de corrección de patoloxías e defectos construtivos iniciais no edificio da pousada de Portomarín (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa europeo Feder Galicia 2007-2013, con fondos Feder (80 %) e FCI (20 %).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra, aberto con pluralidade de criterios.

Descrición do obxecto: obra de corrección de patoloxías e defectos construtivos iniciais no edificio da pousada de Portomarín (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa europeo Feder Galicia 2007-2013, con fondos Feder (80 %) e FCI (20 %).

Prazo de execución: oito meses (8 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 365.860,40 €.

IVE (21 %): 76.830,68 €.

Importe total: 442.691,08 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación do lote, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral para o Turismo.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18041

Información de índole técnica: teléfono: 981 54 62 25.

Información de índole administrativa: teléfono: 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo C, subgrupo 4 e 7, categoría d.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Turismo na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Elena Barca Ramos
Subdirectora de Xestión, Fomento e Cooperación