Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obra de reparación e melloras no hotel monumento de San Clodio, Leiro (Ourense) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa europeo Feder Galicia 2007-2013, con fondos Feder (80 %) e FCI (20 %).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra, aberto con pluralidade de criterios.

Descrición do obxecto: obra de reparación e melloras no hotel monumento de San Clodio, Leiro (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa europeo Feder Galicia 2007-2013, con fondos Feder (80 %) e FCI (20 %).

Prazo de execución: tres meses (3 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 262.605,00 €.

IVE (21 %): 55.147,05 €.

Importe total: 317.752,05 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación do lote, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral para o Turismo.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18042

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 62 25.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo K, subgrupo 7, categoría c).

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos 15, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que observar o previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Turismo na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación