Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (422/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 422/2010 por instancia de Sandra Graña Suárez contra INSS, TGSS, a empresa Ebanistería Anve, S.L. e a mutua Fremap sobre prestación por incapacidade, nos cales recaeu sentenza o 24.7.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido estímase parcialmente a demanda interposta por Sandra Graña Suárez fronte a Ebanistería Anve, S.L., mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a Ebanistería Anve, S.L. a aboarlle a Sandra Graña Suárez a cantidade de cinco mil oitenta e seis euros con vinte e sete céntimos de euro (5.086,27 euros), 825,35 en concepto de diferenzas salariais, 734,47 en concepto de completo por IT segundo convenio e 3.526,45 euros en concepto de IT, devindicando as ditas cantidades os xuros legais, sen prexuízo da obriga de anticipo da mutua respecto das cantidades en concepto de IT e da responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua respecto desas mesmas cantidades.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ebanistería Anve, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial