Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (548/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 548/2010 por instancia de Daniel Pimienta Carlos contra Climalsa Dicasa, S.L., INSS, TXSS, e a mutua Fremap sobre seguridade social, nos cales recaeu sentenza o 31.7.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido en atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta por Daniel Pimienta Carlos, contra o INSS, a TXSS, a mutua Fremap, e a empresa Climalsa Dicasa, S.L. e absolvo os demandados dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Climalsa Dicasa, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

A secretaria xudicial