Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (632/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 632/2010 por instancia de Jaime Trigo Cambón, Jesús Manuel Vázquez García, Fernando Matos López, Francisco Noya Iglesias, Jesús Rodríguez Bolon, José M. Calviño Pose, Marcos Añón Trigo e Alejandro Rodríguez Sánchez contra a empresa Conszoa, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos que recaeu sentenza o 23.7.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se estima a demanda interposta por Jaime Trigo Cambón, Jesús Manuel Vázquez García, Fernando Matos López, Francisco Noya Iglesias, Jesús Rodríguez Bolon, José M. Calviño Pose, Marcos Añón Trigo e Alejandro Rodríguez Sánchez fronte a Conszoa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Conszoa, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Jaime Trigo Cambón a cantidade de 2.097,13 euros.

• A Jesús Manuel Vázquez García a cantidade de 2.307,68 euros.

• A Fernando Matos López a cantidade de 2.479,03 euros.

• A Francisco Noya Iglesias a cantidade de 2.479,03 euros.

• A Jesús Rodríguez Bolon a cantidade de 2.479,03 euros.

• A José M. Calviño Pose a cantidade de 2.137,11 euros.

• A Marcos Años Trigo a cantidade de 2.432,25 euros.

• A Alejandro Rodríguez Sánchez a cantidade de 2.431,81 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Conszoa, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial