Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (444/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 444/2010 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Fachadas Reformas Archipiélago, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 24.7.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por Mutua Gallega fronte a Fachadas y Reformas Archipiélago, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e en consecuencia:

– Condénase a empresa Fachadas y Reformas Archipiélago, S.L. a aboarlle á Mutua Gallega a cantidade de mil trescentos corenta e cinco euros con oitenta e nove céntimos de euro (1.345,89 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola Mutua Gallega a traballadores da dita empresa, debendo responder subsidiariamente das ditas cantidades como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fachadas Reformas Archipiélago, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial