Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (645/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 645/2010 por instancia de Pablo Gastón Videla contra a empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza na data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Pablo Gastón Videla fronte a Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil cento noventa e nove euros con oitenta e dous céntimos de euro (1.199,82 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial