Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (413/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 413/2010, por instancia de José Luis Tasende González contra Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L., Arriva Noroeste, S.L. e Transportes Finisterre, S.A., sobre relación laboral, en que recaeu sentenza con data do 25.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por José Luis Tasende González contra Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L., Arriva Noroeste, S.L. e Transportes Finisterre, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L. a lle recoñecer ao demandante unha antigüidade do 15 de setembro de 1993, así como a lle aboar o complemento de antigüidade, tendo en conta o inicio da relación laboral (15.9.1993), na contía do 30 % do salario base.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Transportes Finisterre, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial