Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (943/2008).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 943/2008, por instancia da empresa Agrupconsa, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Armando Miras Martínez e Francisco Ángel Sendón Sestayo sobre recarga de prestacións, en que recaeu sentenza con data do 26.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Desestímase a demanda interposta por Agrupconsa, S.L. contra Armando Miras Martínez, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Francisco Ángel Sendón Sestayo, desestimando a excepción de falta de esgotamento da vía administrativa oposta pola entidade xestora e confirmando a resolución da Dirección Provincial do INSS con data de rexistro de saída do 18 de xuño de 2008. Absólvense os demandados das pretensións dirixidas contra eles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Francisco Ángel Sendón Sestayo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial