Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1039/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1039/2009, por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Cablecan, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 3.9.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Mutua Gallega contra Cablecan, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e en consecuencia:

– Condénase a empresa Cablecan, S.A. a lle aboar á Mutua Gallega a cantidade de corenta mil cincuenta e catro euros con noventa e dous céntimos (40.054,92 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo sufrido por Francisco Javier Angulo Rodríguez o 30 de setembro de 2005, anticipadas pola Mutua Gallega. Deberá responder subsidiariamente desas cantidades, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cablecan, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

A secretaria xudicial