Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da prestación dos servizos postais e telegráficos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 11-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17475

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dos servizos postais e telegráficos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 64112000-4 e 64113000-1.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 10 de maio de 2012, BOE: 26 de maio de 2012, DOG: 4 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 33.804.997,32 €, IVE excluído (valor incial máis as posibles prórrogas e modificacións).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 16.097.617,77 €.

Importe total: 18.995.188,97 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2012.

b) Data da formalización do contrato: 31 de xullo de 2012.

c) Contratista: Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 16.097.617,77 €.

Importe total: 18.995.188,97 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza