Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada, Pontevedra).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 162/1997, do 18 de xuño (DOG do 2 de xullo), o seguinte:

Primeiro. Con data do 22 de agosto de 2012, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista dos resultados da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público na casa do concello da Estrada e nas antigas escolas, hoxe local social de San Xurxo de Vea, durante o período de interposición de recursos. Os documentos que se poden examinar no dito concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. No prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleira do Medio Rural e do Mar, e os recorrentes poderán presentar os recursos no Rexistro Único do Edificio Administrativo de Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra, no Rexistro Xeral da Consellería, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación.

Pontevedra, 4 de setembro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra