Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas, disoltas, canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, e inscritas no Rexistro de SAT de Galicia que se citan:

Modificacións:

A Sociedade Agraria de Transformación Murado Romualdo, SAT nº 1373 XUGA, na asemblea xeral do 12 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Luis Jartin González, presidente; Mª de los Ángeles Murado Iglesia, secretaria; Antonio Murado Iglesia, Mª del Carmen Murado Iglesia, José Miguel Jartin Riveiro e Aida Rivero Pérez, como vogais.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación parcial dos cargos se realice cada dous anos.

A Sociedade Agraria de Transformación Galiplant, SAT nº 870 XUGA, na asemblea xeral do 30 de maio de 2012, que ratifica a do 30 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Elena Pérez González, presidenta; Jorge Santoro de Membiela, secretario; Rafael Pérez González, vogal-tesoureiro; e Carlos Vila Costa, como vogal.

A Sociedade Agraria de Transformación Flores Santa Tecla, SAT nº 815 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Ratificar os acordos tomados na acta da asemblea do 31 de decembro de 2011, na cal se modifican os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Juan Luis Carballo Álvarez, presidente; José Manuel Portela Martínez, secretario; e José Francisco Carballo Álvarez, como vogal.

2. Ratificar a escritura pública do 2 de setembro de 2011, na cal se toman os seguintes acordos:

Aprobar a baixa do socio Juan Luis Carballo Álvarez, coa venda dos 10 títulos que ten, que distribúe equitativamente entre dúas novas socias; Luisa Ansia del Río e Celia Ruíz González.

Aprobar a alta das pretendidas novas socias Luisa Ansia del Río e Celia Ruíz González.

Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Francisco Carballo Álvarez, presidente; José Manuel Portela Martínez, secretario; Luisa Ansia del Río e Celia Ruíz González, como vogais.

3. Anular o acordo tomado na acta da asemblea do 31 de decembro de 2011.

4. Ratificar a acta da asemblea do 2 de maio de 2012, na cal se toman como acordos:

Aprobar a alta do pretendido novo socio José Manuel Portela Ruíz.

Aprobar a ampliación do capital por un importe de 4.808,16 €, realizada polos socios Juan Francisco Carballo Álvarez e José Manuel Portela Ruíz, de forma que o capital pasa a ser de 22.838,76 €, distribuído entre os socios da seguinte maneira:

José Francisco Carballo Álvarez 14 títulos 8.414,28 € de capital social

José Manuel Portela Martínez 10 títulos 6.010,20 € de capital social

Luisa Ansia del Río 5 títulos 3.005,10 € de capital social

Celia Ruíz González 5 títulos 3.005,10 € de capital social

José Manuel Portela Ruíz 4 títulos 2.404,08 € de capital social

Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 22.838,76 € e estará representado por 38 títulos nominativos de 601,02 € cada un deles.

Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Manuel Portela Ruíz, presidente; José Francisco Carballo Álvarez, secretario; José Manuel Portela Martínez, Luisa Ansia del Río e Celia Ruíz González, como vogais.

A Sociedade Agraria de Transformación Seoane, SAT nº 843 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xuño de 2012, que ratifica a do 2 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Mª Teresa Burela Porto, que transmite os 23 títulos que ten ao novo socio Juan Manuel Cores Diz, quedando o mesmo capital social.

2. Aprobar a baixa voluntaria de Esperanza Taboada Núñez, que transmite os 194 títulos que ten á nova socia Julia María Menéndez Villalva, quedando o mesmo capital social.

3. Aprobar a alta dos socios Juan Manuel Cores Diz e Julia María Menéndez Villalva.

Como consecuencia da transmisión de títulos entre os socios, o capital non varía e queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Jesús Seoane Taboada 194 títulos 3.005,06 € de capital social

Julia María Menéndez Villalva 194 títulos 3.005,06 € de capital social

María Rodríguez Seoane 171 títulos 2.648,79 € de capital social

Juan Manuel Cores Diz 23 títulos 356,27 € de capital social

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Jesús Seoane Taboada, presidente; Julia María Menéndez Villalva, secretaria; María Rodríguez Seoane e Juan Manuel Cores Diz, como vogais.

A Sociedade Agraria de Transformación Familia Martínez, SAT nº 902 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xuño de 2012, toman os seguintes acordos:

1. Anulación dos acordos tomados nas asembleas xerais do 1 de xuño de 2006 e 10 de xullo de 2007.

2. Redenominar o capital social a euros, pasando a ser de 78.100 €, representado por 5.000 títulos de 15,62 €, deixando unha reserva indispoñible de 31,57 €.

Desta forma, o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Antonio Martínez Estraviz 1.000 títulos 15.620 € de capital social

Antonio José Martínez Blanco 1.000 títulos 15.620 € de capital social

Jesús Martínez Blanco 1.000 títulos 15.620 € de capital social

Asunción Blanco Peteiro 1.000 títulos 15.620 € de capital social

José Luis Martínez Blanco 1.000 títulos 15.620 € de capital social

3. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 78.100 € e estará representado por 5.000 títulos nominativos de 15,62 € cada un deles.

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación parcial dos cargos se realice cada tres anos.

5. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Antonio Martínez Estraviz, presidente; Antonio José Martínez Blanco, secretario; Jesús Martínez Blanco, Asunción Blanco Peteiro e José Luis Martínez Blanco, como vogais.

A Sociedade Agraria de Transformación Rancho Oteposnei, SAT nº 893 XUGA, na asemblea xeral do 12 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados na acta da asemblea do 29 de maio de 2012.

2. Ratificar os acordos tomados na acta da asemblea do 9 de abril de 2012.

3. Ampliar o capital social por importe de 10.217,17 €, que pasa a ser de 30.050,50 €, representado por 50 títulos de 601,01 € cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Alfonso José Otero Durán 17 títulos 10.217,17 € de capital social

José Antonio Neira Rodríguez 17 títulos 10.217,17 € de capital social

María Cruz Pose Constenla 8 títulos 4.808,08 € de capital social

Carmen Pose Andujar 8 títulos 4.808,08 € de capital social

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 30.050,50 € e estará representado por 50 títulos nominativos de 601,01 € cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Gandería As Rías, SAT nº 1312 XUGA, na asemblea xeral do 5 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución do capital social de José Ramón Castro Recouso, por importe de 192.872,70 €, o que supón unha redución de 93 títulos de 2.073,90 €.

2. Aprobar a transmisión de 31 títulos propiedade de María Recouso Caamaño a José Ramón Castro Recouso e a transmisión doutros 31 títulos propiedade de Begoña Castro Recouso a este mesmo socio.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, o capital social queda distribuído da seguinte forma entre todos os socios:

María Recouso Caamaño 71 títulos 147.246,90 € de capital social

José Ramón Castro Recouso 71 títulos 147.246,90 € de capital social

Begoña Castro Recouso 71 títulos 147.246,90 € de capital social

Antonio Castro Couselo 5 títulos 10.369,50 € de capital social

3. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 452.110,20 € e estará representado por 218 títulos nominativos de 2.073,90 € cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Finca Santaya, SAT nº 1401 XUGA, na asemblea xeral do 5 de xullo de 2012 toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados na asemblea xeral do 12 de xuño de 2012.

2. Aprobar a redución do capital social de Jorge Mahía Barreiro, por importe de 52.500 €, o que supón unha redución de 42 títulos, que pasan a ter un total de 58 títulos de 1.250 € cada un deles.

3. Aprobar a alta do socio Vicente Mato Taboada.

4. Aprobar a baixa voluntaria de Jorge Mahía Barreiro, que transmite os 58 títulos que ten ao novo socio Vicente Mato Taboada.

5. Aprobar a transmisión de 14 títulos propiedade de Mª del Carmen Taboada Constenla a Vicente Mato Taboada e a transmisión doutros 14 títulos propiedade de Vicente Mato Iglesias a ese mesmo socio.

6. Como consecuencia da redución do capital e a transmisión de títulos entre os socios, o capital resultante queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Mª del Carmen Taboada Constenla 86 títulos 107.500 € de capital social

Vicente Mato Iglesias 86 títulos 107.500 € de capital social

Vicente Mato Taboada 86 títulos 107.500 € de capital social

7. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Mª del Carmen Taboada Constenla, presidenta; Vicente Mato Iglesias, secretario; e Vicente Mato Taboada, como vogal.

8. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 322.500 € e estará representado por 258 títulos nominativos de 1.250 € cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Gomelle, SAT nº 494 XUGA, na asemblea xeral do 4 de xullo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Castro Losada, presidente; José Luis Vázquez Álvarez, vicepresidente; Cristóbal Rodríguez López, secretario-tesoureiro; Yolanda Rodríguez López e Daniel Mouronte Darriba, como vogais.

A Sociedade Agraria de Transformación Fontao, SAT nº 1077 XUGA, na asemblea xeral do 7 de xullo de 2012, que ratifica a do 31 de xaneiro de 2006, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redenominación do capital social, que pasa a ser de 10.819,80 €, representado por 180 títulos de 60,11 €, e faise unha ampliación solidaria de 1,58 €.

2. Aprobar a ampliación do capital social por importe de 133.444,20 €, o que supón un aumento de 2.220 títulos; pasa a ter un capital total de 144.264,00 €, representado por 2.400 títulos de 60,11 € cada un deles.

Como consecuencia desta ampliación de capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Manuel Salgado Rey 800 títulos 48.088 € de capital social

Manuel Salgado Silva 800 títulos 48.088 € de capital social

Margarita Silva López 800 títulos 48.088 € de capital social

3. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 144.264 € e estará representado por 2.400 títulos nominativos de 60,11 € cada un deles.

Disolucións:

A Sociedade Agraria de Transformación Agra do Río, SAT nº 1266 XUGA, na asemblea xeral do 17 de febreiro de 2012, que ratifica a do 4 de xaneiro de 2012, toma o seguinte acordo:

Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: Juan José Busto Rodríguez e Pilar Rodríguez Lemos.

Cancelacións:

A Sociedade Agraria de Transformación A Valiña, SAT nº 1236 XUGA, segundo procedemento concursal nº 0001249/2009, toma como acordos:

1. Con data do 30 de marzo de 2012, o Xulgado Mercantil ditou dilixencia de ordenación coa conclusión do procedemento concursal; queda, polo tanto, a sociedade extinguida.

A Sociedade Agraria de Transformación Agra do Río, SAT nº 1266 XUGA, na asemblea xeral do 17 de febreiro de 2012, que ratifica a do 10 de xaneiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria