Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 152/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTS Casanova de Eirís.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,052 km, con orixe en empalmes proxectados que se realizarán coa LMTS EIR-720, tramo entre a subestación (expediente 28.910) e o CT rúa Curtis, nº 11 (expediente 360/04), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 mm² Al), e final no CTS Casanova de Eirís (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 2×630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña