Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: LMTS, CS e CT Somorto (PS Somorto).
Situación: concello de Muros.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,216 km, con orixe na LMTS MUO-806 Somorto-Xantoque (expediente 66/2009), en condutor 2 RHZ1-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no CS proxectado.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,1 km, con orixe en cela no CS EDAR-Somorto (proxectado), en condutor 1 RHZ1-12/20 kV-3(1×95) Al, e final no CT Somorto proxectado.
– Centro de seccionamento prefabricado con localización na estación depuradora de augas residuais, tipo manobra exterior con envolvente 4l.
– Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de setembro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña