Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2012/187-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A..

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT A Gándara.

Situación: A Guarda.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 21 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1 HVH 1600-S11 (paso aéreo subterráneo) na LMT derivación ao CT Xeixiños (que se desmonta) e final no CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Gándara, Salcidos, A Guarda. Retensado do van aéreo comprendido entre o dobre apoio 1B da liña principal ROS 813 e o apoio proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra